Menu Content/Inhalt
PUNTO DE ENCONTRO COS AXENTES COMERCIAIS MEDIADORES PDF 

Como continuación ao Punto de Encontro cos Directores dos Centros de Promoción de Negocios do Igape en Alemaña, China, EEUU, Polonia e Xapón, que se desenvolveron durante a pasada semana, a sede do Igape en Santiago de Compostela acollerá durante os vindeiros días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo o Punto de Encontro cos Axentes Comerciais Mediadores no exterior, cos que as empresas galegas interesadas en iniciar ou ampliar a internacionalización poden concertar entrevistas individualizadas.
Os Axentes Comerciais Mediadores son cualificados para cada mercado tras contrastar a súa experiencia. Son expertos en comercio exterior, canles de distribución e servizos á internacionalización, e actúan por conta propia e con independencia do Igape.
Os Axentes Comerciais Mediadores que acudirán a este Punto de Encontro e cos que as empresas galegas poden solicitar xa unha entrevista son os seguintes:
  • Argos Consulting Network, S.L.: axente cualificado para Alemaña, Bélxica, China, EE.UU., Francia, México, Polonia, República Checa, Suecia e Xapón.
  • Forum Development, S.L.: axente cualificado para Polonia, Rumania e Rusia.
  • Enxeñeiros e arquitectos consultores-IDOM, SA.: axente cualificado para Bélxica, Brasil, Marrocos, México, Portugal, Reino Unido, Romania e Venezuela.
  • Intercambi Inc. consultores.: axente cualificado para Canadá.
  • Grupo Consultor Galicia Internacional, S.L.: axente cualificado para Brasil e a República Domincana
  • Rivadeneyra, Treviño y de Campo, S.C.: axente cualificado para México
  • Equantia, Global Business: axente cualificado para Eslovaquia, Letonia, Polonia e a República Checa
  • Astron Consultores de Gestión, S.L.: axente cualificado para México
Ademais, se así o solicitan, as empresas galegas tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape.
 
Para máis información poden chamar ós teléfonos 902 300 903 ou 981 54 11 27.

 

www.igape.es

jueves, 11 de junio de 2009
PUNTO DE ENCONTRO COS AXENTES COMERCIAIS MEDIADORES
Santiago, 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2009

 
 
 
< Anterior   Siguiente >