Menu Content/Inhalt
Avaliador en calquera dos programas do VII Programa Cadro PDF 
jueves, 11 de junio de 2009

Informarvos de que segue aberto o prazo para rexistrarse como avaliador en calquera dos programas do VII Programa Cadro

Segue aberto o prazo para rexistrarse como avaliador en calquera dos programas do VII Programa Cadro.

Algunhas vantaxes de participar como avaliador de propostas son:

- Coñecer todos os aspectos relacionados coas propostas gañadoras (estrutura, contidos, redacción, etc.).
- Contacto e intercambio de ideas con profesionais de contrastada experiencia.
- Posibilidade de establecer contactos con funcionarios da Comisión Europea e familiarizarse cos seus procedementos.
- Coñecer de primeira man os últimos avances das diferentes áreas do coñecemento.
- Mellorar o prestixio profesional.
- Recibir unha compensación económica polos servizos prestados.

Os candidatos deberán ter, entre outras aptitudes, unha traxectoria profesional de alto nivel no sector privado ou público, competencias lingüísticas, así como coñecementos sobre avaliación e xestión de proxectos / programas de I+D+i. Co fin de cumprir as políticas de igualdade, a Comisión Europea impulsa de forma específica a participación de mulleres.

Todos aqueles interesados podedes inscribirvos na base de datos de avaliadores a través da web de CORDIS: https://cordis.europa.eu/emmfp7/index.cfm?fuseaction=wel.welcome.


* Outras oportunidades como expertos

- Convocatoria dirixida ás persoas físicas para a creación dunha base de datos de expertos independentes que poidan asistir aos servizos do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) en tarefas relacionadas coa avaliación e implantación das Comunidades do Coñecemento e Innovación (KIC): http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2009:110:0004:0005:ES:PDF

- Convocatoria de manifestacións de interese dirixida a particulares co fin de establecer unha base de datos de expertos independentes que poidan asistir aos servizos da Comisión en tarefas relacionadas co Programa de Apoio á Política en materia de TIC do CIP (Programa Cadro para a Innovación e a Competitividade): http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2007:123:0003:0005:ES:PDF

- Convocatoria dirixida ás persoas físicas para a creación dunha base de datos de expertos independentes para a avaliación de actividades relacionadas cos Programas: Enerxía Intelixente, Eco-innovación e Marco Polo: http://ec.europa.eu/eaci/docs/calls/call_experts_08.pdf

 

 
< Anterior   Siguiente >